Óscar López e Amigos da Pita gañan o concurso dos Maios de2026 nas categorías artística e enxebre

OurenseXa
O CPR Sagrado Corazón e asociación Andén Primeiro gañaron nas categorías de Maio Infantil e Maio Creativo, mentres que os galardóns ás mellores coplas foron para Andén Primeiro (persoas adultas) e a AFA do CEIP As Mercedes (infantil)
premios-maios-ourense-2026
4 May 2026

O concurso de maios e coplas da Festa dos Maios de Ourense 2026 xa ten gañadores. O xurado fixo público o fallo tras avaliar os traballos presentados nas distintas categorías.

Na modalidade de mellor maio artístico para persoas adultas, o primeiro premio foi para Óscar López González coa proposta O anxo caído. O segundo recaeu na Asociación Cultural Os Lolailos con A ponte romana e o terceiro no Club Hóckey Albor.

No apartado de maio enxebre, o primeiro premio foi para a Asociación Cultural Amigos da Pita. O segundo correspondeu á Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro e o terceiro á Asociación Cultural A Galleira.
Na categoría de maio infantil, o primeiro premio foi para o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova. O segundo recaeu na AFA Pía da Casca do CEIP As Mercedes e o terceiro no CEIP Plurilingüe Irmáns Villar.

En maio creativo, o galardón foi para a Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro.

No apartado de coplas, na categoría de persoas adultas, o primeiro premio foi tamén para Andén Primeiro, seguido da AFA Manuel Sueiro e de Miguel Anxo González Padilla. Nas coplas infantís, o primeiro posto foi para a AFA Pía da Casca do CEIP As Mercedes, o segundo para o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar e o terceiro para o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova.

A entrega de premios celebrouse esta tarde na Praza Maior, dentro da programación organizada polo Concello de Ourense con motivo desta tradicional festa. A xornada pechouse cun concerto de Amancio Prada.

0.12326788902283