Ourense acenderá as luces de Nadal o 4 de decembro cunha actuación musical na Praza Maior

GaliciaXa | OurenseXa
O acendido do alumeado nadalego terá lugar na véspera da ponte da Constitución, seguindo a tradición dos últimos anos, cunha actuación musical como remate do acto
Nadal Ourense, 2024
Imaxe de arquivo
16 Nov 2026

A cidade de Ourense xa ten data para o acendido das luces de Nadal: será o vindeiro venres, 4 de decembro, momento no que arrincará oficialmente a decoración festiva nas rúas da cidade.

O acto terá lugar ás 20.00 horas na Praza Maior e contará coa actuación do grupo galego ‘La Banda de Ayer’ como parte da celebración.

A data elixida non é casual, xa que se sitúa xusto na antesala da ponte festiva de decembro. Este ano, o día da Constitución cae en domingo (6 de decembro) e o da Inmaculada, en martes (8 de decembro), polo que o acendido se adianta aos días previos a esas xornadas sinaladas, seguindo o criterio adoptado nos últimos anos polo Concello.

En canto á proposta musical que acompañará o acendido, ‘La Banda de Ayer’ é unha formación de orixe galega, concretamente de Gondomar, que se define por un repertorio variado centrado nos éxitos do pop e o rock das décadas dos 80, 90 e 2000. O grupo, integrado por tres vocalistas e catro instrumentistas, non se cingue a un único estilo musical e busca ofrecer o mellor da súa proposta artística en cada actuación. Actualmente atópanse de xira co seu espectáculo ‘Vintage Tour 2026’.

0.1653139591217