Ourense acollerá en 2026 o congreso anual da Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral, Setla

A cidade de Ourense acollerá o ano próximo o congreso anual da Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral, Setla, un evento de 2 días de duración que reunirá na cidade medio milleiros de profesionais.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu este venres no Concello a presidenta do comité organizador, a ourensá Tamara Fernandez Santás, o presidente, Fernando García de Lucas e o secretario de Setla, José María Antón, para avanzar nos preparativos do evento, que terá a súa sede no Auditorio municipal durante a segunda quincena de novembro de 2026.
O congreso de Setla é unha cita anual que aglutina todo o colectivo sanitario que desenvolven o seu traballo no ámbito da patoloxía laboral, tanto nos campos da medicina, traumatolóxica e non traumatolóxica, como a enfermaría ou a fisioterapia.