Ourense acollerá unha nova edición do Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica

OurenseXa
O Club Marusia organiza unha nova edición deste evento entre o 17 e o 20 de abril
presentacion-torneo-ximnasia-ritmica-ourense
Presentación do XIII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica de Ourense
14 Apr 2025

O Club Marusia organiza o XIII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica, que este ano leva por nome “A provincia termal” e que terá lugar entre o 17 e o 20 de abril no Pazo de Deportes Paco Paz.

A presentación tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández. A Deputación de Ourense, no marco do seu compromiso co fomento do deporte, patrocina este torneo que reunirá durante catro días a ximnastas nacionais e internacionais no Pazo dos Deportes Paco Paz.

⚙ Configurar cookies
0.1258819103241