Ourense activa a comisión político-técnica para desbloquear a situación do transporte metropolitano

OurenseXa
"Todos queremos o transporte metropolitano e estamos dacordo nos pasos a dar”, afirmou ao remate deste primeiro encontro presidente provincial, Luis Menor
Reunión da Comisión de Transporte Metropolitano daa Deputación de Ourense
Reunión da Comisión de Transporte Metropolitano daa Deputación de Ourense
10 Xul 2024

A Deputación vén de activar a comisión político-técnica para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense, cumprindo así o compromiso adquirido mediante acordo plenario unánime provincial.

Á primeira reunión desta comisión, presidida por Luis Menor, asistiron o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; os representantes dos grupos políticos na Deputación (Álvaro Vila polo PSOE, Xosé Manuel Puga polo BNG e Rafael Martínez por DO); e os alcaldes e alcaldesas de Amoeiro, José Luis González; , de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; Rebeca Sotelo, de Cenlle; Manuel Rodríguez, de Coles; Rafael Martínez, de Ourense; Manuel Pérez, alcalde de Paderne, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Punxín, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín. Tamén asistiu persoal técnico da Deputación (o secretario provincial, Juan Marquina, e a directora de área de Infraestruturas, Marta Docampo; así como Ismael Méndez por parte do Concello de Ourense.

O presidente provincial explicou a coincidencia de todos os participantes da comisión no afán de avanzar neste eido, pero coa cautela precisa para non crear expectativas que poidan frustrar á sociedade. “Todos queremos o transporte metropolitano e estamos dacordo nos pasos a dar”, dixo, ao tempo que lembrou a trascendencia social desta asunto, que afecta á metade da poboación provincial, dado que nun radio de 10-15 quilómetros están ubicadas 150.000 persoas.

A reunión fixou xa os vindeiros pasos a dar. “Puxémonos deberes e falamos da posibilidade de facer extensión de liñas desde a cidade a lugares próximos, sen que se alteren as prestacións actuais así como coordinalo co transporte da Xunta.”, explicou o presidente provincial Por iso, todos os concellos implicados quedaron emprazados a aportar o 1 de setembro un documento coas súas necesidades concretas, ben sexan extensións de liñas ou novas liñas complementarias. “A partir de aí, traballaremos nestes dous ámbitos, coas extensións e os complementos”, avanzou Luis Menor, quen explicou tamén que o Concello da cidade manifestou que ten o seu prego para a concesión do Servizo do Transporte Urbano de Viaxeiros xa redactado e actualmente na Intervención Municipal. Este documento contempla a extensión de liñas que será o primeiro paso abordado por esta comisión de traballo.

Abordouse tamén o condicionante económico-técnico para desbloquear burocráticamente este proceso e analizar en profundidade as súas repercusións económicas, de aí que na reunión participasen tamén técnicos especializados nesta área tando da Deputación como do Concello de Ourense. Tamén se apuntou a posibilidade futura de comunicar liñas co gran referente da mobilidade da provincia que é o AVE.

“Temos a vontade clarísima de traballar xuntos, o compromiso de facelo e a firmeza para dar os pasos necesarios para olvidar esta frustración histórica que arrastra o transporte metropolitano de Ourense”, concluiu.

Vontade política unánime

O voceiro do Grupo Provincial do PSOE e alcalde de Taboadela, Alvaro Vila, amosou tamén a súa satisfacción pola constitución da mesa de traballo, “esto é unha gran demanda de hai moitos anos cunha gran vontade de todos os actores implicados para sacalo adiante. Vai ser unha realidade máis pronto que tarde porque esa é a vontade que temos todos os alcaldes e todas as institucións”. En nome do Grupo Provincial do BNG falou José Manuel Puga, expresándose nos mesmos termos: “Todos coincidimos en que queremos o mellor servizo e todos o temos claro, polo que máis pronto que tarde deberíamos darlle saída a todo isto. Por parte do BNG, total colaboración para que esto salga adiante”.

0.18606996536255