Ourense apostado potenciar o turismo na provincia a través da Vía da Prata

OurenseXa
A Deputación pon en marcha unha proposta turística que durará ata o 30 de marzo para realizar este itinerario xacobeo en cinco etapas, desde Ourense a Santiago, facilitando a obtención da “Compostela”
via_da_prata_peregrinos_ourense
Ponte Romana de Ourense, Vía da Prata
26 Mar 2024

A primeira hora da mañá, a Ponte Romana da Ourense foi testemuña da saída dunha proposta turística, impulsada desde a Deputación, e que se prolongará ata o 30 de marzo. Consistirá en percorrer a Vía da Prata – Camiño Mozárabe, desde Ourense a Santiago, facilitando así a obtención da “Compostela”.

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu á saída da primeira etapa desta iniciativa, que discorrerá ata Cea e na que tamén participou facendo íntegro o percorrido de 21 quilómetros o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Menor ratificou o firme compromiso da Deputación de manter como prioridade provincial potenciar o turismo a través da  Vía da Prata – Camiño Mozárabe, salientando a gran singularidade deste percorrido, que é a súa “conexión directa en AVE co resto da Península”, cifrando así en máis de 7 millóns de persoas os seus potenciais usuarios. Polo tanto, o presidente provincial sinalou o firme compromiso da institución “en seguir promocionando un dos Camiños máis antigos, máis extensos, con maior historia e monumentalidade”.

O programa desta iniciativa da Deputación inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada, con tramos de uns 20 quilómetros. Durante o traxecto, os peregrinos contarán cun guía especializado, que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño

O día da chegada a Santiago de Compostela disporán de tempo libre para visitar a Catedral ou o casco histórico, así como a Oficina do Peregrino. Ademais, prestarase asistencia para contar co “selo” diario da “Compostela” que acredita a peregrinación.

A primeira etapa, que foi a que comezou hoxe, levará aos peregrinos de Ourense a Cea, desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira para visitar este monumento, un dos grandes referentes patrimoniais do Camiño. A segunda etapa pasará por Cea, Piñor, percorrendo Castro Dozón ata Puxallos (22 quilómetros). A terceira etapa será de Puxallos a Silleda (22 quilómetros); mentres que a cuarta etapa irá de Silleda a Vedra ou a Susana (23 ou 30 quilómetros). Finalmente, o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago.

Aposta da Deputación

Esta iniciativa enmárcase na aposta da Deputación de Ourense por promocionar un camiño que discorre por máis dunha vintena de municipios ourensáns, desde a súa entrada en Galicia por A Mezquita. É o camiño xacobeo galego de maior percorrido e trátase dun obxectivo estratéxico dinamizador da provincia, debido ao gran atractivo turístico da Vía da Prata.

A Deputación intensificará os esforzos para potenciar esta ferramenta clave para o desenvolvemento da provincia. De feito, para aproveitar o potencial diferencial que supón a chegada do AVE, a intención é facilitar que os viaxeiros que chegan á estación de A Gudiña poidan comezar neste municipio o seu camiño en bicicleta, ou ben desde a capital a pé.Isto permitiríalles en ambos casos acadar a súa correspondente acreditación.

0.15993094444275