Ourense arranca a semana co debate da moción de censura enriba da mesa

OurenseXa
PP e PSOE continúan as conversas sobre a viabilidade dunha posible moción de censura no Concello de Ourense
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense, Praza Maior
25 Xuño 2024

A posibilidade de sacar adiante unha moción de censura ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, continúa no aire.

Mentres que os nacionalistas mantéñense firmes na súa postura, considerando que a prioridade para a cidade é sacar a Jácome da alcaldía de forma urxente pero que únicamente apoiarán a moción en caso de que a candidatura alternativa sexa socialista, o PP e o PSOE continúan sen chegar a un acordo.

A cuestión da moción debátese agora nas altas esferas de ambas formacións, que manteñen posturas totalmente enfrontadas. Pola súa banda, o líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, volveu a manifestar a súa desconformidade coas esixencias nacionalistas. Para el, “non é de recibo” que o BNG vete o acceso á alcaldía a un candidato popular, poñendo en perigo a posibilidade de que a proposta poida sair adiante.

Mentres tanto, o líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reiterou o seu apoio a proposta dos concelleiros ourensáns, disipando as dúbidas sobre si o PSOE da cidade de Ourense contaba ou non co apoio do partido a nivel autonómico.

Mentres que os populares continúan intentando sinalar ao BNG como único responsable de bloquear a cuestión ao negarse a que o candidato alternativo sexa do PP, Besteiro deixa a pelota no tellado do partido liderado por Alfonso Rueda, que terá que decidir se apoia o ‘Pacto da Concordia’ ou aposta por manter a Jácome na alcaldía ata o fin da lexislatura.

A cuestión complícase cada vez máis pola falta de consenso entre a oposición, que terá que esperar polo menos ata o vindeiro mes de xullo, tras a celebración do Congreso Provincial do PP.

0.19281101226807