Ourense asina o protocolo para A Volta Ciclista a España

OurenseXa
O presidente provincial, Luis Menor; e o director de La Vuelta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén, asinaron o protocolo no que consta dito acordo para a edición deste ano
Protocolo_Vuelta_A_España
30 Jan 2024

A provincia de Ourense será sede dunha saída e chegada de etapa na edición 2024 da Volta Ciclista a España, unha das probas deportivas máis importantes do mundo dentro desta disciplina. “Ourense voltará a ser protagonista dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo, cun escaparate para a provincia inmellorable”, recalcou Menor. Así quedou rubricado no protocolo que asinaron o presidente provincial, Luis Menor, e o director de La Vuelta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén.

A Volta Ciclista a España, que arrincará e terminará cunha contrarreloxo individual, en Lisboa o 17 de agosto e o 8 de setembro en Madrid, sairá da capital termal na súa duodécima etapa, prevista para o próximo oves 29 de agosto.

O percorrido iniciarase no centro da cidade e pasará pola Ribeira Sacra ata rematar na Estación de Montaña de Manzaneda. A última vez que a Volta A última vez que A Volta Ciclista a España pasou por esta provincia foi no ano 2020, cando visitou os concellos de Xinzo, Verín, Celanova e A Gudiña.

A Volta a España deixará Galicia na xornada 13, cando terá lugar a súa derradeira etapa de montaña entre Lugo e Os Ancares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12889385223389