Ourense celebrará este venres o Día do Orgullo cun espectáculo na Praza Maior

Ourense celebrará este venres o Día do Orgullo 2026 co espectáculo OURgullo, que se desenvolverá o venres 26 de xuño, ás 21:30 horas, na Praza Maior.
O evento estará presentado pola actriz e cómica Isabel Rey, coñecida como “Diva de barrio”, e contará coa actuación musical do dúo Azúcar Moreno, ademais de espectáculos protagonizados polas drags Marisa Prisa, Ainhoa, Ashley, Josefa Sacho e o dúo Ketty Pinn & Ketty Ponn, xunto cunha sesión de DJ.
A Concellería de Igualdade impulsa esta iniciativa, coa que o Concello quere expresar o seu compromiso cos principios que inspiran a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño.