Ourense celebrará o 8 de novembro a X Feira da Chinita, que cumpre dez anos de traxectoria

OurenseXa
O Campo da Feira acollerá unha xornada gratuíta con gastronomía, música en directo e actividades para todos os públicos
X Feira da Chinita Ourense
23 Oct 2026

Ourense prepárase para vivir unha nova edición da Feira da Chinita, unha cita que este ano acada o seu décimo aniversario. O evento terá lugar o vindeiro 8 de novembro de 2026, a partir das 12.00 horas, no Campo da Feira, e contará con entrada gratuíta para todos os asistentes.

A xornada reunirá diversas propostas pensadas para todas as idades. Entre elas destaca a oferta gastronómica, con comida típica venezolana a disposición do público.

O apartado musical terá un papel central na celebración, coas actuacións en directo de Jonathan Moly, Los Coleguitas, Gaiteros del Zulia e Misael Sánchez. A estas actuacións sumarase unha sesión de DJ xunto coa tradicional "hora louca", pensada para animar o ambiente festivo.

O programa incluirá ademais un espazo dedicado aos emprendedores, con distintos postos (stands) onde se poderán coñecer e adquirir produtos locais. Tamén se celebrará a elección da raíña do evento, un dos momentos máis agardados polos asistentes.

Os máis pequenos terán igualmente o seu oco na programación, con actividades infantís organizadas ao longo da xornada para que toda a familia poida gozar da feira.

0.15830302238464