Ourense conta con oito novos cinturóns negros de Judo e Jiiu Jitsu

OurenseXa
Catorce membros do Ourense Judo Club Marbel superaron con éxito os seus exames de paso de grao e Cinto Negro nas modalidades de Judo e Jiu Jitsu
judo-marvel
1 Oct 2024

Catorce membros do Ourense Judo Club Marbel superaron con éxito os seus exames de paso de grao e Cinto Negro nas modalidades de Judo e Jiu Jitsu, ante o tribunal da Federación galega de Judo e Deportes Asociados nunha convocatoria desenvolvida no Pazo Paco Paz de Ourense, o pasado sábado 28 de setembro .

Na modalidade de Judo, lograron o Cinto Negro e 1º Dan Silvia Iglesias, Leire Carrera, Alberto Nieto e Salvador Molina. Na modalidade 2º Dan os logros foron para Emilio Pazos e Diego Delgado, en 3º Dan para Javier Otero e en 4º Dan  para Miguel A. Pardavila.

Na modalidade de Jiu-Jitsu, lograron o Cinto Negro e 1º Dan Ana Ruído, Bea Rodriguez e Xerman Rodriguez, o 2º Dan Ruben Gomez e o 4º Dan Daniel Perez e Miguel A. Pardavila.

Os exames consistiron nunha demostración de coñecementos teóricos e exhibición de movementos técnicos individuais (katas). Parte fundamental do éxito dos candidatos foi a axuda dos seus compañeiros para realizar as técnicas. En Judo e Jiu Jitsu denomínaselles ‘uke’: Carolina Araújo, Lucía Caneiro, Loureiro Kauán Lacerda, Oliver Balvís e Tamara Silva foron os compañeiros imprescindibles. Cumpriron un dos principios fundamentais do Judo, o ‘Jita Kyoei’ (“axuda e prosperidade mútua”). O club fundado polo Mestre 8º Dan Manuel Montero amplía a calidade e cantidade dos seus membros con esta excelente convocatoria.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18250203132629