Ourense continúa a ser un referente nacional pola súa estratexia de saúde comunitaria

OurenseXa
Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras programan centenares de actividades comunitarias ao longo do ano con participación de todos os seus profesionais de atención primaria
saude-comunitaria-ourense
26 Nov 2024

Hoxe, martes 26 de novembro, celébrase o día internacional da enfermaría comunitaria. Ourense continúa a ser un modelo a nivel nacional no referente ao desenvolvemento da estratexia de saúde comunitaria programando centenares de actividades comunitarias ao longo do ano con participación de todos os seus profesionais de atención primaria.

Sirve como exemplo a estancia formativa dunha enfermeira residente en familiar e comunitaria do servizo de saúde de Castela a mancha, Cristina Hilario Gómez, que está a coñecer o extraordinario traballo que está a realizar a área sanitaria ourensá neste eido. A súa estadía en Ourense durante tres semanas ten como obxectivo poder replicar parte deste modelo no seu servizo de saúde.

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras subliñan a importancia da Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 para influír positivamente na súa saúde da nosa poboación. O obxectivo deste plan é seguir avanzando dun xeito progresivo cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social, no lugar de centrarse nas enfermidades, como acontecía no modelo tradicional.

0.17057609558105