Ourense dá a coñecer a listaxe definitiva das axudas para libros de texto e comedores escolares do vindeiro curso

OurenseXa
Xa se pode consultar o decreto coa cualificación final dos expedientes, e o bono de libros poderase recoller desde este martes 29 de setembro ata o 20 de outubro
material-escolar
29 Sep 2026

O Concello de Ourense fixo público este luns, 28 de setembro, o decreto que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes presentados para as axudas destinadas á compra de libros de texto e material escolar, así como para o servizo de comedores escolares, correspondentes ao curso 2026-2027.

Con esta publicación, as familias que presentaron a súa solicitude xa poden coñecer o resultado final da valoración dos seus expedientes.

Onde consultar o decreto

O documento estará dispoñible durante un prazo dun mes. Quen queira revisalo poderá facelo de forma presencial no taboleiro de edictos do Concello, situado na rúa da Primavera, número 1, baixo. Tamén se pode consultar na páxina web do Concello de Ourense.

Recollida do bono de libros

Por outra banda, o bono de libros poderase recoller nas dependencias da rúa da Primavera durante un período de 15 días hábiles. O prazo comeza mañá, martes 29 de setembro, e prolongarase ata o 20 de outubro.

0.1566858291626