Ourense e Pereiro de Aguiar prepáranse para acoller a terceira etapa do Gran Camiño 2025

OurenseXa
A proba percorrerá o vindeiro venres, 28 de febreiro, un total de 15 quilómetros entre a Ponte Romana de Ourense e Pereiro de Aguiar
gran-camiño-2024
Imaxe do Gran Camiño 2024
23 Feb 2025

A provincia de Ourense será, co apoio da Deputación, a protagonista da terceira etapa da proba ciclista O Gran Camiño, cun trazado contra o reloxo, que se disputará o vindeiro venres, 28 de febreiro.

O Gran Camiño, unha proba ciclista de carácter profesional que recupera a esencia da antiga Volta Ciclista a Galicia, transcende o seu obxectivo do fomento do deporte, para promover tamén as posibilidades turísticas do territorio.

A cuarta edición da proba celébrase do 26 de febreiro ao 2 de marzo, con diferentes trazados ao longo da comunidade autónoma e coa novidade de incluír Portugal no inicio da carreira.

No caso de Ourense, o protagonismo será na terceira etapa. O venres 28 de febreiro será a data na que O Gran Camiño dispute unha proba contra o reloxo de 15 quilómetros, con saída da Ponte Romana de Ourense e chegada a Pereiro de Aguiar.

Catro edicións colocando a Ourense no mapa

A provincia de Ourense xa tivo especial protagonismo nas tres anteriores edicións de O Gran Camiño. No 2022, a etapa ourensá transitou desde Maceda, vila vencellada ao ciclismo, ata Luíntra, en plena Ribeira Sacra.

Na segunda edición, a proba tivo un marcado carácter solidario ao seu paso pola provincia de Ourense cun percorrido que unía Esgos con Rubiá, homenaxeando a Valdeorras que viña de sufrir as devastadoras consecuencias dos incendios forestais.

E, por último, o ano pasado foron case unha vintena de concellos ourensás os que acolleron a proba, con inicio en Ribadavia e remate en Xinzo de Limia.

⚙ Configurar cookies
0.73090004920959