Ourense festexa o Día de Rosalía con actos en Celanova e Allariz

OurenseXa
Os concellos de Celanova e Allariz organizan diversos actos no día de hoxe polo aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
Allariz_Dia_De_Rosalia_De_Castro
Día de Rosalía de Castro en Allariz
23 feb 2024

Hoxe, 23 de febreiro, Galicia festexa  o aniversario do nacimiento da poeta Rosalía de Castro. En Ourense, as actividades principias desenvolveranse nos concellos de Allariz e Celanova.

As actividades e Allariz comezaron xa o pasado 15 de febreiro coa apertura  dunha exposición na Casa da Cultura sobre o Herbario de Rosalía, na que a escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores, que estará aberta ao público ata o vindeiro 8 de marzo.

No mesmo concello, durante o día de hoxe e ata o domingo 25 de febreiro terá lugar un "Caldo de Gloria" en doce establecementos repartidos polo municipio. Os establecementos participantes estarán identificados cun vinilo que indica que “Aquí hai caldo de gloria”. Todas as persoas que consuman Caldo de Gloria estes tres días poderán participar no sorteo dunha fin de semana en Padrón, para coñecer a Casa de Rosalía. A esta iniciativa tamén se unirá, como xa fixo o pasado ano, o CEIP Padre Feijoo de Allariz, que incluirá no seu menú o 23 de febreiro o Caldo de Gloria.

Pola súa banda, no Concello de Celanova tamén poderá degustarse un caldo de gloria a partir das 19.00 horas do día de hoxe nos establecementos adscritos ás celebracións.

 

Día_de_rosalía_Celanova