Ourense impulsa un Acordo Municipal contra os Discursos de Odio ao colectivo LGBTIQ+

OurenseXa
“O aumento de discursos de odio dirixidos cara o colectivo representa unha seria ameaza para os dereitos humanos e a convivencia pacífica na nosa sociedade”, sinala a edil socialista, Cristina Cruz
Orgullo LGTBI
Bandera LGTBI
6 Xul 2024

Ourense impulsa, grazas a unha moción proposta polo socialistas ourensáns, un Acordo Municipal contra os Discursos de Odio para eliminar todos os obstáculos que seguen impedindo que as persoas do colectivo LGBTIQ+ poidan desenvolver os seus proxectos vitais en condicións de igualdade. Así o acordou no día de onte o Pleno do Concello de Ourense eso si, coa abstención de Democracia Ourensana, o partido liderado por Gonzalo Pérez Jácome.

A edil do PSdeG Cristina Cruz aclarou que “o aumento de discursos de odio dirixidos cara o colectivo representa unha seria ameaza para os dereitos humanos e a convivencia pacífica na nosa sociedade”. “Estas mensaxes non só xeran división e promoven a discriminación, senón que tamén poden derivar en actos de violencia física, verbal e emocional”, engadiu.

As entidades locais son actores fundamentais na loita contra estes discursos, sendo a educación un dos principais ámbitos dende os que se pode actuar a fin de transmitir o respecto á diversidade. Por elo, inclúese nos puntos de acordo do texto instar ao executivo a impulsar e colaborar co tecido asociativo a cidade e as redes de apoio para as vítimas dos discursos de odio, así como a apoiar festivais de cine, eventos deportivos e outros acontecementos que fomenten a inclusión e a incorporar material especializado nas bibliotecas municipais.

“Quero lembrar o servizo 028 ‘Arco da vella’, que é un servizo gratuíto e confidencial que axuda ás vítimas, que informa dos seus dereitos e ofrecen atención psicosocial” rematou.

Cabe lembrar que o Concello de Ourense quedou este ano, unha vez máis, sen programación institucional para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI ao considerar o alcalde que creía que "nunca se fixo" e deixando así á cidade como a unica capital de provincia de Galicia sen programación oficial para conmemorar a diversidade.

0.19418597221375