Ourense participa na feira BioCultura 2024

OurenseXa
A provincia de Ourense está a promocionarse novamente na 5ª edición de BioCultura
Ourense_biocultura_2024
1 Mar 2024

A provincia de Ourense está a promocionarse novamente da man da Deputación, a través do Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, na 5ª edición de BioCultura, con nove microempresas ou emprendedores de produtos ecolóxicos e ecoturísticos que operan nalgún dos concellos que integran os xeodestinos “Trevinca-Valdeorras” e “Terras de Celanova-Serra do Xurés” que xestiona o Inorde.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración deste evento no que “as pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promocionar os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España”, explicou Rosendo Fernández.

Nesta ocasión, están no stand da provincia de Ourense promocionando os seus produtos ao longo destes tres días: Adegas Docampo-Gacio (Rubiá), Agrupación Apícola (Barbadás), aloxamento A Pontevella (Carballeda de Valdeorras), Bioca (Petín), Eco dos Teixos (Carballeda de Valdeorras), Quinta Equs (Lobios), Terras Altas de Trevinca (A Veiga), Wildhologram e Xesta Brava (Ramirás).

BioCultura 2024

BioCultura é a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do Estado que se celebra do 1 ao 3 de marzo en EXPOCoruña. Nesta edición, reunirá a máis de 150 expositores dedicados aos sectores de alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sustentable, benestar, eco-estilo de vida, artesanías e ONG's. Ademais, celebraranse máis de 150 actividades e esperan superar os 13.000 visitantes.

0.13696908950806