Ourense prepárase para festexar unha "noite de medo" chea de actividades

OurenseXa
A programación inclúe tamén un túnel e unha pasaxe do terror, a procesión da Santa Compaña, un concerto infantil e a actuación da orquestra Panorama, entre outras
Halloween 2023
31 Out 2024

O Concello de Ourense organiza mañá, xoves, 31 de outubro, a Noite de Medo – Halloween 2024, cunha morea de actividades festivas e de lecer para todos os públicos. As propostas comezarán ás 5 da tarde cun obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, que este ano se desenvolverá no Parque de San Lázaro. Desde alí partirá, ás 19.00 horas, o Desfile do Medo, con Pablo Méndez, que avanzará polo Paseo até a Praza Maior, onde ás 20.00 horas haberá un concerto infantil.

Un flash mob, un túnel e unha pasaxe do terror, unha batucada, o espectáculo Chaioso Medo e a Procesión da Santa compaña (Paseo e zona vella) son outras das propostas dunha xornada que tamén incluirá a actuación da orquestra Panorama, ás 22.30 horas na Alameda, e de DJ A Gramola, ás 00.00 horas, na Praza Maior).

Programa completo do Samaín 2024

0.18046402931213