Ourense presenta a programación musical das Festas de San Francisco 2026

OurenseXa
A rúa Pena Trevinca acollerá tres actuacións musicais entre o 2 e o 4 de outubro, nun programa festivo que tamén inclúe as tradicionais barracas e atraccións
Festas San Francisco Ourense 2026
14 Sep 2026

O Concello de Ourense da a coñecer a programación das Festas de San Francisco 2026, que terán lugar durante a primeira fin de semana de outubro. A proposta musical desenvolverase integramente na rúa Pena Trevinca, que reunirá tres citas destacadas repartidas entre o venres, o sábado e o domingo.

A apertura festiva chegará o venres 2 de outubro coa actuación de A Gramola, que ofrecerá unha sesión nocturna desde as 23.30 ata as 3.00 horas.

O sábado 3 de outubro será a quenda da orquestra Combo Dominicano, cun pase de noite que se estenderá entre as 23.30 e as 2.30 horas.

Pola súa banda, o domingo 4 de outubro, a orquestra París de Noia pecharrá o cartel musical cunha sesión de tarde, entre as 19.00 e as 22.00 horas.

Á marxe das actuacións musicais, o programa festivo contempla tamén a instalación das clásicas barracas e atraccións, pensadas para todos os públicos, que completarán o ambiente festivo destas datas.

0.15893197059631