Ourense presenta o programa completo de Halloween 2026

OurenseXa
A programación do sábado 31 de outubro incluirá obradoiros, túnel e pasarrúas do terror, un flashmob e actuacións musicais para diferentes públicos
Halloween, Ourense
6 Oct 2026

O Concello de Ourense prepara unha nova edición da celebración de Halloween, que terá lugar o sábado 31 de outubro e volverá levar diferentes propostas ás rúas da cidade. A programación busca consolidar unha cita que gaña participación ano tras ano e que nesta ocasión contará ademais co atractivo de coincidir en sábado.

As actividades apostarán especialmente polas propostas de rúa, entre as que se inclúen obradoiros, un túnel do terror, un desfile e un pasarrúas de temática terrorífica, ademais dun flashmob e do espectáculo de Chaioso.

A música tamén terá un papel destacado durante a xornada, cunha programación pensada para públicos diferentes. Entre as propostas figura un concerto infantil de Uxía Lambona, mentres que a noite contará coa actuación da orquestra París de Noia e cunha sesión da Gramola.

HALLOWEEN OURENSE 2026: PROGRAMA COMPLETO DE ACTIVIDADES

0.12983798980713