Ourense presenta PeDRa'26, o festival de saberes que levará música, obradoiros e tradición a catro sedes da provincia

O Liceo de Ourense acolleu este martes, 25 de agosto, ás 11.00 horas, a presentación pública do festival PeDRa'26, unha cita cultural que chega xa á súa sexta edición. Durante o acto avanzáronse os detalles dunha nova convocatoria que combina música, obradoiros e actividades divulgativas repartidas por distintos puntos da provincia.
Na presentación salientouse que o festival funciona como unha especie de chuvia miúda cultural, en alusión ao xeito en que os Camiños de Santiago van deixando a súa pegada pola xeografía galega, unha filosofía que PeDRa reivindica edición tras edición.
Esta sexta edición conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo, a mesma liña de axudas baixo a que a asociación organizadora, A.C. A Bela Auria, puxo en marcha en 2021 a primeira edición do festival. En 2026, a Xunta volve respaldar o proxecto.
O festival desenvolverase ao longo de cinco xornadas repartidas en catro sedes: Loiro (Barbadás), Puga (Toén), Viduedo (Cea) e Trasalba (Amoeiro). A organización prevé superar os 1.200 asistentes no conxunto das actividades programadas.
28 de agosto – Loiro (Barbadás), Museo Etnográfico Loiro na Memoria
18.00 horas – Espazo de videoxogos en galego
19.00 horas – Obradoiro de theremin, con Paulo Pascual
20.00 horas – Obradoiro "Como recuperar terras raras", con +q3D
21.00 horas – Concerto comentado de theremin, con Paulo Pascual
29 de agosto – Loiro (Barbadás), Museo Etnográfico Loiro na Memoria
11.00 horas – Ruta micolóxica dende o nº30 da rúa do Buleiro, guiada por Carlos Rafael
12.00 horas – Xogos populares, con Xogos da Bela Auria
12.00 horas – Obradoiro de esgrima histórica, con AOEH
12.00 horas – Teatro infantil, con A Run Run Teatro
13.30 horas – Concerto de Phantom Dragsters
15.00 horas – Concerto de LinheDJ
16.00 horas – Concerto de música tradicional con Os Terribles da Cabeanca
16.30 horas – Obradoiro "Conseguir ouro como un romano", con Óscar Penín
18.00 horas – Concerto de música tradicional con Lubicáns
18.00 horas – Obradoiro de arqueoloxía experimental de olería, inspirado no castro de Trelle
19.30 horas – Concerto de DJ Tristón
21.15 horas – Concerto de rock con Raiba
22.30 horas – Concerto de DJ Dani Tamayo
12 de setembro – Cea, Centro Social Casa Alén de Viduedo
16.00 horas – Ruta de sendeirismo con visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea
18.30 horas – Concerto de música tradicional con Axeigo
Entrega do I Premio ao Compromiso Cultural
Fiadeiro
13 de setembro – Toén, Carballeira de Puga
10.00 horas – Ruta guiada "Os portos da Ribeira do Miño", coa Asociación Amigos do Patrimonio de Toén
12.00 horas – Obradoiro de cestería, con Será por Vimbios
12.30 horas – Contacontos con Anxo Moure
13.30 horas – Concerto de Columna Vegana
25 de setembro – Trasalba (Amoeiro), Fundación Otero Pedrayo
12.00 horas – Xogos populares, con Xogos da Bela Auria
13.00 horas – Contacontos con Uxía Morán