Ourense promociona o termalismo na feira de Turismo de Berlín
OurenseXa
Ourense está presente na ITB de Berlín a través do stand da Asociación de Cidades Termais con Patrimonio Histórico

Stand da Asociación de Cidades Termais con Patrimonio Histórico na ITB de Berlín
6 Mar 2024
Ourense, a provincia termal está a promocionarse estes días na ITB de Berlín, unha das feiras profesionais de Turismo máis relevantes do mundo, a través do stand da Asociación de Cidades Termais con Patrimonio Histórico onde a EHTTA promociona os seus novos paquetes turísticos termais creados no 2024.