Ourense promociona o turismo ecosostible na feira Biocultura

OurenseXa
O expositor provincial pon o foco na Vía da Prata, os xeodestinos ourensáns Terra de Celanova-Serra do Xurés e Valdeorras e os ecobarcos do Ribeiro e o Xurés
Expositor da Deputación de Ourense en Biocultura
Expositor da Deputación de Ourense en Biocultura
9 Mar 2025

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, participa esta fin de semana en Biocultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos, que se celebra en EXPOCoruña.

O expositor provincial informa e divulga propostas de turismo ecosostible, entre as que destacan a Vía da Prata, os xeodestinos ourensáns Terra de Celanova-Serra do Xurés e Valdeorras e os ecobarcos do Ribeiro e o Xurés.

Entre as propostas que presentará a Deputación, destaca a campaña da Vía da Prata co Camiño pola provincia de Ourense.

No relativo ás experiencias ecosostibles creadas nos xeodestinos infórmase no caso de Terras de Celanova-Serra do Xurés das iniciativas centradas no turismo ecuestre.

No xeodestino de Valdeorras, divúlganse proxectos de enoturismo, apiturismo no Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra, a artesanía de Casaio, as experiencias enogastronómicas nas Covas de Seadur e aloxamentos vinculados ao Camiño de Inverno.

Tamén se promoven outras experiencias ecosostibles creadas ao amparo do Plan de Sustentabilidade en Ourense Termal como son os ecobarcos no Ribeiro e o Xurés.

⚙ Configurar cookies
0.085690975189209