Ourense queda con só un conselleiro na Xunta de Galicia
OurenseXa
José González quédase coa Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración
Alfonso Rueda anuncia os nomes dos novos conselleiros da Xunta de Galicia
14 Abr 2024
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar os nomes dos conselleiros e conselleiras que formarán parte da Xunta dude Galicia para os vindeiros catro anos. En total, haberá 12 Consellerías, dúas delas de nova creación.
O reparto deixa a Ourense con único conselleiro. Trátase de José González, que ata agora estaba ao fronte da carteira de Medio Rural, que pasa á Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración, sustituindo á tamén ourensá, Elena Rivo, que queda fora do novo goberno de Alfonso Rueda.
Listado dos novos conselleiros da Xunta de Galicia:
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: Román Rodríguez González
- Consellería de Política Social e Igualdade: Fabiola García Martínez
- Consellería de Economía e Industria: María Jesús Lorenzana Somoza
- Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
- Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: María Martínez Allegue
- Consellería de Sanidade: Antonio Gómez Caamaño
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: José López Campos
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: José González Vázquez
- Consellería do Medio Rural: María José Gómez Rodríguez
- Consellería do Mar: Alfonso Villares Bermúdez