Ourense reforza o servicio de prevención de incendios

OurenseXa
O Concello incorpora 10 novos bombeiros condutores como funcionarios interinos por un prazo de 3 anos
bomberos ourense
23 Out 2024

Concello de Ourense reforza o servizo de prevención e extinción de incendios coa incorporación de 10 novos bombeiros condutores. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá o acto de toma posesión das súas prazas por parte de 7 destes novos efectivos, aos que se sumarán outros 3 nos próximos días. Tamén participaron no acto o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Fernández, e o oficial de incendios e xefe de servizo en funcións, José Benito Álvarez.

Os 10 novos bombeiros condutores incorpóranse como funcionarios interinos por un prazo de 3 anos. Realizarán agora prácticas durante 3 semanas, primeiro no parque do servizo municipal e despois na academia de Salvaterra do Miño, e logo incorporaranse ao servizo.

O goberno municipal enmarca a chegada destes 10 novos bombeiros condutores no proceso de reforzo dos postos das forzas de seguridade do Concello (bombeiros/as e policías locais), que deu lugar á incorporación de medio cento de novos efectivos nos últimos anos. No caso do servizo de bombeiros, son 22 incorporacións (12 hai 2 anos e 10 agora), coas que o servizo pasa a contar con 58 profesionais.

0.1597101688385