Ourense súmase ao manifesto da Alianza do movemento sen tabaco

OurenseXa
O manifesto, baixo o lema "Pola Primeira Xeración Europea Libre de Tabaco", contou co respaldo de todos os grupos municipais do Concello de Ourense
Pleno do Concello de Ourense
Pleno do Concello de Ourense
3 Aug 2024

Concello de Ourense súmase ao manifesto da Alianza do movemento sen tabaco. A concelleira de Saúde, Noa Rouco, deu lectura a esta declaración, respaldada por todos os grupos políticos con representación municipal, no pleno ordinario do Concello de Ourense que tivo lugar este venres, 2 de agosto, na Casa do Concello.

O manifesto, baixo o lema "Pola Primeira Xeración Europea Libre de Tabaco", di o seguinte:

"Nós, mocidade española e institucións conscientes do noso papel na conformación do futuro, unímonos cun propósito firme e decidido: erradicar o tabaquismo das nosas vidas e da nosa sociedade.

Esta Alianza para a creación do Movemento Sen Tabaco transcende unha simple campaña, atende a chamada que desde a Declaración de Madrid 2023, na conferencia europea sobre tabaco ou saúde (ECToH polas súas siglas en inglés), se fai a todas as persoas, en especial á mocidade a xuntar esforzos para conseguir o obxectivo último de conseguirmos a Primeira Xeración de Mocidade Europea Libre de Tabaco para 2030.

É unha revolución de conciencia, un desafío contra unha crise de saúde pública que impacta negativamente as nosas comunidades por xeracións.

A nosa misión: conseguir a primeira xeración de mocidade libre de tabaco para o 2030. Comprometémonos a desafiar o statu quo que permitiu que o tabaco e os novos produtos arraiguen na nosa cultura. O noso obxectivo é unha Europa libre da adicción e os danos do tabaco fomentando unha contorna onde o tabaquismo non teña lugar na vida dos menores.
A nosa estratexia: abordamos este desafío cunha dobre estratexia: educación e información para desmantelarmos mitos; formar e revelar verdades sobre o tabaco e os seus novos produtos; mobilización para influírmos na política e apoio activo para aquelas persoas que procuran liberarse da adicción. Esta loita require unha acción concertada a nivel individual, comunitario e gobernamental.

A nosa voz e o noso poder: elevamos a nosa voz, non só en protesta, senón como un poderoso testemuño da nosa determinación. Esiximos espazos libres de tabaco onde a mocidade poida medrar e prosperar, libre do alcance do tabaquismo. É o noso dereito a vivir nun ambiente saudable e que non perpetúe adiccións e é a nosa responsabilidade asegurarnos de que este dereito se respecte e protexa.

O noso desafío á comunidade: este é un chamamento á mocidade como protagonistas e a todos os sectores da sociedade a recoñecer o seu papel nesta loita. Non podemos permitir qua a inacción e a compracencia perpetúen o ciclo do tabaquismo. É hora de actuar, de aplicar políticas efectivas e de apoiar iniciativas que promovan un cambio real.

O noso legado para as futuras xeracións: estamos decididos a traballar para que as próximas xeracións estean libres dos efectos do tabaco. Comprometémonos a deixar un legado máis san de benestar libre de adiccións e promovendo vida chea de saúde e esperanza. Non quedaremos de brazos cruzados mentres o tabaco e os seus novos produtos continúan devastando vidas; traballaremos incansablemente para garantirmos que as futuras xeracións poidan vivir nun mundo libre de tabaco e os seus derivados.

É un compromiso co noso futuro e co futuro dos que veñan despois de nós, unha misión que levaremos adiante con determinación e coraxe ante a inevitable ameaza que supón para a nosa sociedade o consumo de tabaco. Non debemos esquecer que constitúe a principal causa de enfermidades e mortes evitables en Europa e en todo o mundo.

Únete a esta causa! Asina e sé parte da xeración que mudará a historia ao poñer fin ao tabaquismo. Xuntos, podemos e imos conseguilo".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17605090141296