Ourense traslada os maios aos soportais da Praza Maior

OurenseXa
Con motivo da chuvia prevista para este domingo en Ourense, a Festa dos Maios 2024 será trasladada aos soportais da Praza Maior onde, ademais, o Concello instalará unha carpa
maios-2023
Imaxe dun dos Maios ganadores da edición de 2023
3 may 2024

Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo, día 5, a Festa dos Maios 2024, dada a previsión de chuvias para esa xornada. Deste xeito, a praza acollerá tanto a exposición dos maios como o canto das coplas, o obradoiro de coroas e a ruada musical, inicialmente previstos para a rúa do Paseo, así como a entrega de premios e o concerto de fados de María do Ceo. A alfombra floral que elaborará Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas levarase a cabo noutra carpa, que estará na Praza de Santa Eufemia.

Programación

Dende as 8.30 horas, na Praza de Santa Eufemia: Confección dunha alfombra floral por parte da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas. Un equipo formado por 22 alfombristas elaborará unha alfombra de flores similar ás que realizan na súa localidade na festa do Corpus Christi, unha celebración recoñecida como Festa de interese turístico internacional e Ben de interese cultural inmaterial. A alfombra reproducirá o rosetón da catedral de Ourense, xa que a asociación quere poñer en valor este monumento como historia viva da cidade e como un dos grandes templos románicos de España

Dende as 10.30 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Obradoiro de coroas. Confección en vivo de coroas e colares para a cativada.

Dende as 11.00 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Exposición dos maios participantes nos primeiros tramos da rúa do Paseo e Rúada musical con xigantes e cabezudos do Concello acompañados de gaiteiros tradicionais.

Dende as 12.00 horas, na Praza Maior (carpa e soportais): Canto das coplas ao pé dos maios participantes no concurso.

Dende as 19.00 horas, na Praza Maior: Entrega de premios aos maios e canto das coplas gañadoras na Praza Maior.

Dende as 20.00 horas, na Praza Maior: Concerto de fados con María do Ceo.