Paderne de Allariz aproba por unanimidade axudas de 250 euros para as asociacións veciñais

OurenseXa
A medida, impulsada inicialmente polos socialistas, saíu adiante co respaldo de todos os grupos despois de ter sido rexeitada nunha votación anterior
billetes-diñeiro-economia-recurso
6 Nov 2026

O pleno do Concello de Paderne de Allariz deu luz verde, co apoio de todos os grupos municipais, á concesión de axudas directas de 250 euros para cada unha das 13 asociacións veciñais do municipio. A iniciativa, que finalmente saíu adiante por unanimidade, fora presentada tempo atrás polo PSdeG-PSOE, aínda que naquela ocasión non logrou o respaldo necesario ao contar co voto en contra do Partido Popular.

Malia celebraren a aprobación das axudas, os socialistas expresaron a súa disconformidade coa contía, á que consideran insuficiente. Segundo explican, o reparto actual xera diferenzas entre as distintas entidades veciñais do municipio: mentres algunhas asociacións teñen cubertos por parte do Concello gastos básicos como a luz ou a auga, outras vense obrigadas a destinar esta subvención de 250 euros precisamente a sufragar ese tipo de gastos correntes, o que na práctica reduce, afirman, a marxe que lles queda para outras actividades.

0.18515610694885