Paderne de Allariz celebrará un obradoiro de prevención das violencias dentro do programa CIM Móbil

OurenseXa
A actividade, dirixida a informar e sensibilizar sobre esta materia, terá lugar o 29 de outubro na Casa do Concello
CIM Paderne de Allariz
4 Oct 2026

O Concello de Paderne de Allariz celebrará o vindeiro 29 de outubro un 'Obradoiro de Prevención das Violencias', unha actividade formativa enmarcada dentro do programa 'CIM Móbil' (Centro de Información ás Mulleres), que percorre distintos concellos ofrecendo atención, asesoría e acompañamento en materia de igualdade.

O obradoiro desenvolverase na Casa do Concello en horario de 10.30 a 12.00 horas, e estará aberto a todas as persoas interesadas en afondar sobre a prevención das distintas formas de violencia.

A iniciativa conta coa organización e colaboración de varias entidades: a Xunta de Galicia, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o Ministerio de Igualdade —a través da Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, dependente da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero— e o Xacobeo 2027.

As persoas que desexen obter máis información ou inscribirse no obradoiro poden poñerse en contacto a través do WhatsApp 685 21 18 82 ou do correo electrónico dos Servizos Sociais do Concello de Paderne de Allariz.

0.16912603378296