Parada de Amoeiro presenta o programa das festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana

OurenseXa
Os festexos celebraranse do 24 ao 26 de xullo e incluirán actos relixiosos, verbenas, fogos artificiais, unha festa da escuma e actuacións musicais
festas-apostolo-parada-de-amoeiro
21 Jul 2026

Parada de Amoeiro celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo as festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana cun programa que combinará actos relixiosos, música e actividades para todas as idades. Como preparación para estas celebracións, entre os días 16 e 24 de xullo desenvolverase a novena dedicada a Santiago Apóstolo.

A programación festiva comezará o venres 24 de xullo ás 13.00 horas cun folión que percorrerá a localidade para anunciar o inicio das festas. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase o pregón, ao que seguirá unha sesión de tardeo amenizada por Rafapromusic.

A partir das 23.00 horas dará comezo a verbena da primeira xornada, que contará coas actuacións de Origen, Kiko Rivera e Gramola. A noite rematará ás 00.30 horas cunha tirada de fogos artificiais.

O sábado 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo, os actos iniciaranse ás 12.00 horas coa misa solemne na honra do patrón, acompañada pola Banda de Gaitas Devalar de Amoeiro. Ao remate da celebración relixiosa, ás 12.45 horas, celebrarase a sesión vermú co Dúo Explosión.

A programación nocturna arrancará ás 23.30 horas cunha gran verbena protagonizada por Pirámide XL con Marcos Kintana e o espectáculo da Panorama.

As festas concluirán o domingo 26 de xullo, día dedicado a Santa Ana. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne na súa honra e, ás 12.45 horas, terá lugar a sesión vermú amenizada polo dúo Os Trasnos.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, organizarase unha festa da escuma dirixida tanto ao público infantil como adulto. O peche das celebracións chegará a partir das 19.00 horas cunha festa e verbena na que actuarán a Charanga Ardores, Pirámide XL con Marcos Kintana e Los Satélites.

0.12932801246643