Pazolandia regresa a Ourense entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria desta mañá, os prezos públicos das entradas ao parque de atraccións Pazolandia, o gran clásico do Nadal da provincia que se desenvolverá do 26 de decembro de 2024 ao 4 de xaneiro de 2025. Os prezos fixados serán os mesmos que os do pasado exercicio: 5 euros por persoa para as entradas xerais e 4 euros por persoa para quenes integren os grupos promovidos polos concellos e asociacións da provincia.
En total, o ano pasado foron 25.354 as persoas que acudiron ás instalacións do Pazo Paco Paz, segundo o balance realizado polo persoal da instalación deportiva provincial. No que respecta aos datos de asistencia diarios, Pazolandia reuniu a unha media de 1.500 participantes por quenda.
Ademais, a edición do pasado ano contou con tres interesantes novidades relacionadas coas atraccións. Dúas delas estiveron instaladas no exterior da instalación debido o seu tamaño. Unha foi o "Boomerang", unha atracción que acada os 22 metros de altura no seu punto máis alto e que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe cun tamaño de 19 metros de largo, 12 de ancho e 22 metros de altura. A segunda novidade foi a "Pasaxe terror", unha atracción de 10 metros de lonxitude pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror e baseada en películas desta categoría. Outra das novidades destacadas nesta edición foi o "Mundo do xoguete", unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos.
Estas novidades uníronse á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltaron os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o "Saltamontes", "La olla" ou a pista americana, entre otras. Tamén houbo gardarroupa gratuito e diferentes opcións de restauración para todos os gustos.