Peches de tráfico na rúa Doutor Marañón a partir deste luns
OurenseXa
A céntrica rúa permanecerá pechada ao tráfico por obras de reparación da calzada
7 Jul 2024
A rúa Doutor Marañón, no centro histórico da cidade, estará pechada o tráfico de vehículos desde o vindeiro luns, día 8, até o venres, 12 de xullo, pola execución de obras de reparación do lousado de pedra da calzada.
O Concello de Ourense ten a disposición da cidadanía a plataforma GISou, na que os interesados poden confirmar o estado do tráfico dentro da cidade en tempo real.
A rúa xa tivo que permanecer pechada ao tráfico entre os meses de maio e xuño pola execución de obras de arranxo do pavimento da calzada.