Pereiro de Aguiar abre o prazo para anotarse na Aula Concilia de Nadal
OurenseXa
A iniciativa está destinada aos nenos e nenas nados entre 2012 e 2020

9 Dec 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar continúa durante o nadal co Programa de Conciliación dirixido ás familias con nenos e nenas nados entre 2012 e 2020.
A Aula Concilia terá lugar os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 2, 3, e 7 de xaneiro, e o prazo para presentar as inscricións estará aberto ata o 17 de decembro de forma presencial nas oficinas do Concello ou ben a través da sede electrónica. A lista de admitidos publicarase o mesmo 17 de decembro.