Pereiro de Aguiar abre o prazo para anotarse nos Obradoiros de Nadal

Pereiro de Aguiar abre o prazo para anotarse nos tres Obradoiros de Nadal organizados polo Concello e dirixido aos nenos e nenas nados entre 2012 e 2018.
As actividades consistirán, en primeiro lugar, no obradoiro deportivo ‘Salvemos o Nadal’, que se levará a cabo o día 24 de decembro entre as 9.00 e as 14.00 horas no Pavillón Municipal e que contará cun total de 30 prazas.
O 31 de decembro haberá un Obradoiro de Fin de Ano que se desenvolverá entre as 9.00 e as 14.00 horas no Pavillón Municipal e entre as 16.30 e as 18.00 horas na Praza do Concello.
Por último, o 5 de xaneiro entre as 9.00 e as 14.00 horas no Pavillón Municipal terá lugar un ‘Obradoiro de Día de Reis con Pereiro Deporte’, para o que tamén haberá 30 prazas.
As persoas interesadas poderán inscribirse desde este xoves, 5 de decembro, ata o vindeiro 18 de decembro na web do Concello de Pereiro de Aguiar.