Pereiro de Aguiar acolle este venres unha sesión de contacontos

OurenseXa
A actividade, titulada “Aldara na montaña”, contará coa participación de Soraya Lema e busca achegar a lectura á infancia dun xeito lúdico e participativo
contacontos-aldara-pereiro
3 Jul 2026

Pereiro de Aguiar acollerá este venres ás 20:00 horas a actividade de contacontos “Aldara na montaña”, unha proposta dirixida ao público familiar que terá lugar na Praza do Concello.

A sesión contará coa participación de Soraya Lema e ofrecerá unha experiencia pensada para gozar en familia da maxia das historias e da narración oral.

A actividade ten como obxectivo achegar a lectura aos máis pequenos dun xeito divertido, participativo e cheo de imaxinación, fomentando o interese polos contos e a creatividade infantil.

0.14647698402405