Pereiro de Aguiar acollerá a presentación do espectáculo familiar “Circo Menudo”

OurenseXa
Trátase dun espectáculo pensado para todos os públicos que se desenvlverá este venres na Praza do Concello
circo-menudo-pereiro
14 May 2026

O vindeiro 15 de maio ás 19:00 horas, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar será o escenario da presentación de “Circo Menudo”, unha proposta de carácter familiar aberta ao público.

Trátase dun espectáculo pensado para todos os públicos que busca ofrecer unha actividade de lecer no espazo público municipal.

A iniciativa está organizada polo Concello de Pereiro de Aguiar, coa colaboración de Tanit e Estrelas Máxicas, entidades que participan na posta en marcha desta actividade cultural e de entretemento.

0.12443995475769