Pereiro de Aguiar acollerá este xoves un Obradoiro de Comadres

O Concello de Pereiro de Aguiar acollerá este xoves un Obradoiro de Comadres na Biblioteca Municipal. A actividade forma parte do programa promovido polo Concello para celebrar o Entroido, que deu comezo a pasada semana cun taller de elaboración de Compadres e que continuará o sábado co Desfile de Disfraces.
A iniciativa terá lugar ás 17:00 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. As inscricións poden realizarse por WhatsApp no 685 528 538, por teléfono no 988 259 839, ou por correo electrónico, a través da dirección cultura@pereiro.gal.