Pereiro de Aguiar celebra a Semana do Libro con actividades no Auditorio dos Gozos

OurenseXa
A música e a lectura serán as protagonistas da semana
carral-libros
20 Apr 2025

Pereiro de Aguiar festexará a Semana do Libro no Auditorio dos Gozos con dúas actividades dirixidas a pequenos e maiores

Por un lado, o 23 de abril, ás 17.30 horas, terá lugar o espectáculo familiar ‘Caderno de cores e cancións’, a cargo de Magín Blanco. Unha tarde que estará chea de música e maxia para pequenos e maiores.

Ademais, o día 25 de abril ás 19.00 horas, terá lugar un encontro coa autora Mar Rey, que presentará o seu libro ‘Ordena tu tiempo. Optimiza el aprendizaje y mejora la lectura con una buena gestión temporal’. Ao remate, o grupo Loureiro ofrecerá unha actuación musical.

⚙ Configurar cookies
0.16037702560425