Pereiro de Aguiar celebra o Día de Galicia cun concerto de música tradicional na Praza do Concello

OurenseXa
Os Xuncos, As Lapacaldas e Airiños dos Foles protagonizarán unha actuación aberta ao público a partir das 20:00 horas
bandeira-galicia-25-xullo
25 Jul 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar conmemorará o Día de Galicia cunha xornada dedicada á música tradicional. A celebración terá lugar este sábado ás 20.00 horas, na Praza do Concello.

O programa contará coa actuación do grupo Os Xuncos e das pandeireteiras As Lapacaldas, que estarán acompañadas polo grupo de acordeóns Airiños dos Foles.

A proposta pretende ofrecer unha tarde de música tradicional galega e reunir á veciñanza arredor dunha celebración pensada para todos os públicos con motivo do Día de Galicia.

0.12214708328247