Pereiro de Aguiar celebrou a semana do libro con actividades de narración e teatro infantil

OurenseXa
Con motivo do día do libro, o Concello organizou dúas actividades centradas na promoción da lectura e da narración oral entre os máis pequenos
Libros
25 Apr 2026

Con motivo da Semana do Libro, o Concello de Pereiro de Aguiar organizou dúas actividades especiais enmarcadas na celebración do Día do Libro, centradas na promoción da lectura e da narración oral.

Por unha banda, o público asistente puido gozar da proposta “A Bolboreta Roseta”, unha actividade na que se contou a historia deste personaxe, que comparte a súa tristura por ter as ás brancas. A sesión contou coa participación de público de todas as idades, que desfrutou dun encontro descrito como cheo de maxia e entretemento. Desde o Concello agradeceron a Erea Mora a súa implicación nesta actividade.

Por outra banda, celebrouse “Ás mil e unha”, unha iniciativa de narración oral financiada pola Consellería de Cultura, que levou aos asistentes a un percorrido polo mundo das historias e da imaxinación.
Ambas propostas forman parte da programación cultural coa que o municipio conmemora o Día do Libro, apostando por actividades que fomentan o hábito lector e o achegamento á cultura entre pequenos e maiores.

0.13016796112061