Pereiro de Aguiar celebrou a terceira edición da Andaina Mulleres Rurais

O municipio do Pereiro de Aguiar celebrou a III Andaina Mulleres Rurais, unha actividade de sendeirismo que reuniu a participantes para percorrer a Ruta dos Muíños do Río Loña, nun entorno natural e patrimonial de especial interese.
As persoas participantes puideron elixir entre dúas modalidades de percorrido: unha ruta longa de 12 quilómetros e outra curta de 5 quilómetros, adaptadas a distintos niveis de condición física.
A iniciativa permitiu poñer en valor o entorno natural do municipio e promover a práctica de actividade física ao aire libre nun marco de participación aberta á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao sendeirismo.