Pereiro de Aguiar continúa cos traballos de mellora do Parque Empresarial

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa avanzando na mellora das infraestruturas do Parque Empresarial coa execución de novas actuacións centradas na renovación dos viais, dando continuidade aos traballos desenvolvidos o pasado ano.
As obras, realizadas en colaboración coa Xunta de Galicia, teñen como obxectivo optimizar o estado das rúas do polígono para mellorar a circulación e incrementar a seguridade tanto de vehículos como de peóns.
Con esta intervención, o goberno local busca seguir modernizando un espazo clave para a actividade económica do municipio, favorecendo unhas mellores condicións de mobilidade e un entorno máis funcional para as empresas instaladas e para as persoas que transitan diariamente polo Parque Empresarial.