Pereiro de Aguiar festexa este domingo o Día da Bici

OurenseXa
A celebración desta actividade ocasionará diversas restricións de tráfico que comezarán xa durante a xornada deste sábado, 7 de setembro
bicicleta
7 sep 2024

Pereiro de Aguiar celebra este domingo, 8 de setembro, o Día da Bici, no que participarán máis de 200 persoas que percorrerán as principais rúas do municipio a partir das 11.00 horas.

A celebración desta actividade ocasionará diversas restricións de tráfico que comezarán xa durante a xornada deste sábado, 7 de setembro, a partir dasa 20.00 horas. Así, estará prohibido estacionar na contorna da Praza da Capela, na rúa do Regato e nun tramo da estrada da Devesa.

Ademáis, o domingo, cortarase ao tráfico a estrada que vai dende a casa do Concello ata Cachamuíña permanecerá pechada ao tráfico dende as 10:00 horas ata o remate da proba.

0.16872906684875