Pereiro de Aguiar organiza a segunda edición da San Silvestre Solidaria

O Concello de Pereiro de Aguiar organiza para despedir o ano a segunda edición da San Silvestre Solidaria do Pereiro.
A carreira será o día 31 de decembro e terá saída ás 17.00 horas da Praza do Concello. Ao fin da competición haberá unha chocolatada e repartirase un agasallo sopresa para todos os participantes.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 26 de decembro a través da web www.pereiro.gal e todos os beneficios irán destinados á Operación Quilo organizada pola Asociación Xuvenil Amencer.