Pereiro de Aguiar pecha este venres o Ciclo Mestre Mateo coa proxección de 'San Simón'

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Auditorio dos Gozos acolle a última sesión dunha programación que ofreceu nove películas e documentais desde o pasado 1 de xullo
san-simon-mestre-mateo
10 Jul 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar clausura este venres o Ciclo Mestre Mateo coa proxección de ‘San Simón’, a última das nove sesións programadas desde o pasado 1 de xullo no Auditorio dos Gozos.

Ao longo destas semanas, o ciclo achegou ao público unha selección de títulos recoñecidos no audiovisual galego, entre os que figuraron ‘Ao son da nova regueifa’, ‘Sirât’, ‘Deuses de pedra’, as curtametraxes ‘Abellón’, ‘Adeus, Berta’, ‘Algo novo que contar’ e ‘Curmán’, ademais de ‘O silencio herdado’, ‘Las líneas discontinuas’ e ‘360 curvas’.

A sesión de clausura estará protagonizada por ‘San Simón’, unha película que aborda a historia do campo de concentración que o réxime franquista instalou na illa galega de San Simón a partir de outubro de 1936.

O filme sitúa a acción tras a sublevación militar, cando a ditadura habilitou centos de campos de concentración en España e converteu o antigo lazareto da illa nun centro de reclusión. Ao longo da súa existencia pasaron por el arredor de 6.000 presos, que sufriron a represión nun espazo marcado polo seu illamento.

A narración desenvólvese en dous planos temporais. Por unha banda, reconstrúe os episodios de violencia, inxustiza e supervivencia vividos na illa durante os anos nos que funcionou como prisión. Pola outra, segue ao protagonista, Lamas, que rememora aqueles feitos sete anos despois, coincidindo co peche definitivo do campo de concentración.

0.13886499404907