Pereiro de Aguiar ten unha cita coa música tradicional este sábado no Campo dos Gozos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O grupo local As Lapacaldas e o grupo de acordeóns Airiños de Foles ofrecerán un repertorio de música tradicional
actuacion-pandereiteiras-os-gozos
20 Jun 2026

Este sábado, 20 de xuño ás 19:30 horas, o Campo dos Gozos, no Pereiro de Aguiar, será escenario dunha nova actividade cultural centrada na música tradicional e popular, nunha proposta aberta á veciñanza.

A xornada contará coa participación do grupo de pandeireteiras “As Lapacaldas”, formado no propio municipio, e do grupo de acordeóns “Airiños de Foles”, pertencente á Escola de Música Iván Carballo, que ofrecerán un repertorio baseado na música popular galega.

0.11880493164062