Piden a instalación dunha pantalla xigante en Ourense para a final da Eurocopa

OurenseXa
“É unha moi boa oportunidade para animar aos ourensáns a que saian a rúa e axudar á restauración local”, sinalan desde o PP
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
11 Jul 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular ven de instar ao
alcalde que instale unha pantalla xigante no centro da cidade para que os cidadáns de Ourense podan ver e desfrutar a final da Eurocopa.

Para os populares, un sitio idóneo sería a Praza Maior, pois tal e como explica a portavoz, Sonia Ogando, “é unha moi boa oportunidade para animar aos ourensáns a que saian a rúa e axudar á restauración local”.

Ademais, a edil recoñece ter coñecemento de que “aos ourensáns e ás ourensás lles gustaría xuntarse nun mesmo lugar para animar á selección española que se disputa a final da Eurocopa 2024 en Berlín”. “É unha boa opción para que a cidadanía se sinta parte dun día tan importante para España”, engade a concelleira.

Os populares veñen de presentar un escrito ante o goberno local para que se leve a cabo esta iniciativa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18986797332764