Píscore Teatro chega a Allariz coa función ‘Molto Barroco’

OurenseXa
A función terá lugar este sábado, 21 de decembro, na Casa da Cultura
Píscore Teatro, Molto Barroco
Píscore Teatro, Molto Barroco
18 Dec 2024

A compañía Píscore Teatro subirase ao escenario da Casa da Cultura de Allariz este sábado, 21 de decembro, ás 18.30 horas, coa súa función ‘Molto Barroco’.

A peza, orientada ao público familiar, está dirixida por Fran Rei e conta cun elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas.

Sinopse

Molto Barroco é, antes de nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a oportunidade de gozar, a través do teatro e do humor, da música da época barroca. Con motivo do baile de petición de man á súa prometida, o Rei encárgalle ao Compositor da corte unha peza orixinal. Este encargo desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara, nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e mesmo xogos malabares.

Pero, paralelamente, o espectáculo aliméntase doutra trama sinxela: unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, quizais, futura Raíña, e o Compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.

0.17463803291321