Policías e bombeiros protestan no Concello polos impagos nas nóminas
Ao redor de medio centenar de bombeiros, policías locais e outros funcionarios municipais reuníronse esta mañá no Concello de Ourense para protestar polo impago dos pluses de nocturnidade e festividade nas nóminas de marzo e abril, que supoñen entre o 30% e o 40% do seu salario.
Bombeiros e policías chegaban esta mañá á porta do Concello. Pouco despois, conseguían entrar na sala do Pleno onde encerráronse ata ser recibidos polo alcalde e outros representantes municipais.
A situación ven tras a anulación do capítulo I do orzamento municipal que foi tumbado pola xustiza por saltarse a negociación colectiva. Inda que dende o Concello aseguraban que a situación estaría solucionada en abril, unha circular emitida polo Concello durante esta semana informaba de que o problema non estaba solucionado.
Unha situación que non só afecta aos 180 funcionarios da policía local e do parque de bombeiros de Ourense, senon aos case 700 que conforman a plantilla e que seguirán sen ver reflexado na súa nómina o incremento do 0,5% que lles prometeran.