Preto de 200 nenos e nenas participarán no Campionato de Kung-Fu en Barbadás
As artes marciais terán esta fin de semana o concello de Barbadás como epicentro. O polideportivo municipal será o escenario no que se celebre o Campionato de Galicia individual escolar de Kung-Fu, organizado polo Gimnasio Firness Forma de Ourense e a Federación Galega de Kung-Fu. Está prevista a participación de preto de 200 nenos e nenas das distintas provincias galegas.
A competición dará comezo o sábado 6 de abril ás 17.00 horas e nas instalacións deportivas da Valenzá daranse cita deportistas de entre 8 e 21 anos nas categorías de alevín, infantil, xuvenil e sub-21. Da provincia de Ourense participan o Club de Kung-Fu Barbadás, Escuelas Deportivas Artai e Gimnasio Fitness Forma.
O Campionato de Galicia individual escolar de Kung-Fu acada a súa edición número 18 e demostra que na provincia de Ourense son moitos os afeccionados a esta arte marcial china tradicional que se basea en agarres e derrubamentos.